Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria
Elección do Novo Comité da Ptgal

O pasado 29 de Xuño a Ptgal celebou a súa asemblea anual ordinaria nas instalacións de FEIRACO, en Pontemaceira, na que se elexiu por unanimidade ao novo Comité Executivo da plataforma que exercerá no período 2010-2012. Na asemblea deuse conta das actividades da Plataforma no periodo 2009-2010 e presentouse o plan de traballo 2010-2011, entre outros temas.

 
Oferta Formativa do Proxecto REAL

Estas accións formativas son xornadas de formación que os parceiros de REAL realizarán nos laboratorios e instalacións e às que poderán assistir os técnicos das empresas agroalimentares da Euro-rexión que o soliciten.
A participación nestas atividades é gratuita, e o proxeto cobre os gastos de manutención e aloxamento daquelas persoas que necesiten desprazarse.
A táboa sinóptica amosa as accións formativas que se celebrarán os meses de setembro e outubro. Para obter mais información sobre a oferta e poder fazer a matrícula, consulte a páxina web do projeto.:www.rede-real.eu

 
Candidaturas Presentadas ás Eleccións do Comté

En relación co proceso de elección do Comité Executivo da Ptgal aberto o pasado 20 de Maio  procedemos a facer públicas as candidatura presentadas en prazo e forma nas Secretarías Técnicas.

Lembrámoslles que esta elección celebrarase en Pontemaceira S/N-Ames, nas instalacións de Feiraco o vindeiro 29 de Xuño,  no transcurso da 4ª Asemblea Xeral Ordinaria da Ptgal. Este proceso desenvolverase de acordo co establecido no documento de Estrutura Organizativa e Regulamento da plataforma, polo que é desexable a asistencia dos membros con dereito a voto. A orde do día da asemblea será publicada a mediados de mes nesta web.

 
Matemáticas e Solucións a Problemas Industriais Agroalimentarios

Oportunidade de Colaboración !!!. Proxecto i-math : Taller de Problemas Industriais

Dendeo proxecto i-math queren facer partícipes aos  integrantes da Ptgal dunha iniciativa que se pon en marcha dentro do  Máster en Enxeñería Matemática e que ten como obxectivo a formación de técnicos especialistas no modelado e simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial.
O Máster conta cunha asignatura, 'Taller de problemas industriales' onde se invita a empresas e centros públicos ou privados a plantexar problemas e necesidades propias, susceptibles de obter solucións a través da aplicación de técnicas matemáticas.
A entidad participante debe expor os seus problemas aos alumnos no período comprendido entre o 13 de setembro e o 12 de novembro en Santiago, Vigo ou Coruña. O tempo de exposición sería aproximadamente dunha hora.

 
Programa BIOTraining

BIOTraining é un programa de formación,  orientación e asesoramento orientado a emprendedores cunha idea de negocio biotecnolóxica ou a empresas que queren desenvolver unha nova líña de negocio na que interveña a biotecnoloxía. Desenvolvido dentro do proxecto Bioemprende BIOTraining axúdache a por en marcha o teu proxecto empresarial.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4