Grupos de traballo

 

Os grupos de traballo son o instrumento de participación activa na Ptgal. No documento de Estrutura organizativa recóllese a existencia de dous tipos de grupos de traballo: públicos e privados.

  

  • Os grupos públicos: desenvolven os seus traballos dentro das liñas de investigación prioritarias que se identificaron na Axenda Estratéxica da Ptgal. Pretenden achegar valor a todos os seus membros a través da colaboración entre os mesmos e do apoio con diferentes servizos. A súa creación foi promovida polo Comité Executivo.

    Sempre se atopan abertos á participación de todos os membros da Ptgal interesados en desenvolver innovación nestas temáticas. Para vitalizar estes grupos, contamos con Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   como axente dinamizador que será o responsable de artellar as accións necesarias para organizalos, constituílos e polos en funcionamento co fin de concibir proxectos transversais cooperativos.
  • O axente dinamizador visita as empresas, recollendo de xeito directo as necesidades e propostas de cada unha delas. A súa labor atópase coordinada coas Secretarías Técnicas e coa do Comité Executivo. Ademáis dos servizos de dinamización os participantes dos  grupos de traballo poden beneficiarse de servizos de vixilancia tecnolóxica (observatorio) e de apoio de consultoría. Nestes intres atópanse funcionando 6 Grupos de Traballo (podes consultar datos de cada grupo nos seguintes enlaces ou o submenú horizontal superior).

ALIMENTOS FUNCIONAIS: NUTRICIÓN E SAÚDE
NOVAS TECNOLOXÍAS DE PROCESADO,ENVASADO E CONSERVACIÓN
PRODUCIÓN AGROGANDEIRA SUSTENTABLE E DE CALIDADE
NOVOS PRODUTOS E VALORIZACIÓN DE MATERIAS PRIMAS E SUBPRODUTOS
ALIMENTOS E TICs
FORMACIÓN

Se está interesado en participar en proxectos colaborativos de innovación pode enviarnos, o formulario Informe Prioridades Participación, a unha das dúas Secretarías Técnicas da Plataforma.
Lembre que para formar parte dos grupos de traballo é preciso inscribirse na Ptgal.

  • Os grupos privados: serven como marco estable de cooperación na definición de consorcios para desenvolver proxectos de I+D+i. Un grupo de traballo privado debe dispor, polo menos, dunha idea de proxecto concreto para que se autorice a súa creación. A participación nestes grupos defínena os propios membros de cada grupo.

    Se desexa crear un grupo de traballo debe presentar a solicitude nunha das Secretarías técnicas. O Comité valorará para a súa aprobación o consorcio formado (nº de empresas galegas, colaboracións con centros galegos,...) e a correlación da temática presentada coas contempladas na AEI. Os grupos de traballo privado poden beneficiarse dos diferentes servizos que ofrece a plataforma.

    Ata o momento o Comité ten validado a creación dos seguintes grupos de traballo privados:

Seguridade Alimentaria líder AGAFAC
Tecnoloxías Emerxentes
líder COREN
Valorización de Subprodutos e Residuos
líder PESCANOVA
Produtos Cárnicos Funcionais
líder C.I. GANADERAS y AGRÍCOLAS
Produtos Funcionais na 3ª Idade
líder INNAVES
Novas Materias Primas en Alimentación Animal
líder NUTER FEED
Microparticulación de Proteínas de Suero
líder LASURGAL