|
A Ptgal é o punto de encontro da I+D+i no sector agroalimentario galego. Nun sector caracterizado pola atomización, a oportunidade de avanzar cara á consolidación da competencia pasa necesariamente polo aproveitamento das sinerxias existentes entre os diferentes segmentos e protagonistas: produción primaria, industrias, centros tecnolóxicos, opis... A plataforma actúa como catalizador destas interaccións. Esta iniciativa atópase aberta á integración de todos os axentes implicados e comprometidos co desenvolvemento do sector e nela atópanse representados un amplo abano de entidades e empresas: dende o sector extractivo e de produción primaria ata as pequenas e grandes industrias alimentarias e de distribución, así como a comunidade científica e a Administración. A finalidade é orientar os recursos materiais e conceptuais cara á promoción da innovación, posicionando o sector galego, acorde coa súa dimensión, no contexto estatal e europeo. A Ptgal ten elaborado a Axenda Estratéxica de Investigación do Sector Agroalimentario Galego, nela crease unha visión do contorno competitivo e priorízanse as tecnoloxías que terán maior impacto no sector para os vindeiros anos. |


