| Catálogo |
|
A Ptgal ten como principais obxectivos constituírse como o punto de encontro da I+D+I no sector agroalimentario propiciando a integración dos esforzos, e a interacción entre todos os seus axentes. A través deste Catálogo e do Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica; pretendemos comunicar e transferir coñecemento que facilite o proceso innovador no sector.
Os recursos tecnolóxicos e a formación son dúas ferramentas básicas na xeración de innovación. A longa experiencia dos axentes de I+D+I presentes na Ptgal e o seu estreito contacto co sector agroalimentario, preséntase, a través da colaboración mutua coas empresas, como a grande impulsora dunha I+D+I de calidade.
O presente Catálogo pretende ser a extensión científica e tecnolóxica da Ptgal a través da posta en común para todo o sector agroalimentario galego da ampla oferta de servizos existentes en Galicia. A información recollida neste sección pode ser consultada dos seguintes xeitos:
|


