Seguridade alimentaria
Dende o ano 2000 a Seguridade pasou a ser o eixo principal sobre o que se artellan as políticas alimentarias en Europa e a xestión das recentes crises alimentarias demostrou o axeitado deste enfoque.

Trátase de garantir o máis alto grao de seguridade nos alimentos e promover a saúde dos cidadáns mediante a redución efectiva dos riscos para minimizar ou eliminar as enfermidades transmitidas polos alimentos, así como incrementando a eficacia dos sistemas de control e divulgando información verdadeira sobre os beneficios dunha alimentación variada e equilibrada.

A determinación tanto cualitativa como cuantitativa de tóxicos, residuos e contaminantes de natureza química, física ou biolóxica en alimentos é un pilar para a seguridade alimentaria. o desenvolvemento de metodoloxías analíticas máis rápidas, específicas e fiables será un ámbito que concentrará gran parte dos esforzos neste campo nos vindeiros anos e que terán unha repercusión directa sobre o sector produtivo.

A continuación preséntanse os temas de interese pertencentes a esta categoría, incluíndo cada un o enlace ao listado de grupos de investigación relacionados:
 

12) Métodos rápidos de análise de contaminantes e a súa toxicidade en alimentos ou productos destinados á alimentación e desenrolo de procedementos para a súa eliminación.

Posibles aplicacións:
  • Desenvolvemento de técnicas NIR para a avaliación de materias primas e produtos.
  • Sistemas alternativos de detección de biotoxinas.
  • Desenvolvemento de kits rápidos para garantir a seguridade alimentaria.
Grupos de investigación relacionados

 

 

13) Ecoloxía microbiana. Estudios de sistemas de loita contra organismos indesexables ou patóxenos na producción agrogandeira e nas prantas de producción de alimentos.

Posibles aplicacións:
  • Selección de microorganismos beneficiosos.
  • Busca de novos antimicrobianos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.
  • Estudio da interacción entre especies patóxenas e oportunistas presentes nos alimentos.
Grupos de investigación relacionados
 

14) Microbioloxía predictiva. Estudos para ampliar a vida útil dos alimentos. Estudos de resistencia microbiana.

Posibles aplicacións:
  • Identificación de patóxenos emerxentes.
  • Procedementos para alongar a vida útil dos alimentos.
  • Sistemas de modelización matemática sobre o crecemento de microorganismos en alimentos.
Grupos de investigación relacionados