|
Información sobre tendencias que se están a impulsar no sector agroalimentario mundial, recollemos asemade proxectos en rede con gran potencialidade e que se atopan abertos á participación en diferentes modalidades.
|
|
O dominio Food and Agriculture do programa COST cobre todos os aspectos da investigación no campo das ciencias agrícolas e os alimentos no seu sentido máis amplo. O obxectivo principal do dominio é fomentar a creación de redes de investigación en calquera campo relacionado con estas actividades, así como as demandas e necesidades relacionadas.
|
|
|
A finais do ano 2010 nacía Food Trend Trotters, co obxectivo de investigar, identificar e comunicar na web social tendencias e innovacións en alimentación en ámbitos xeográficos afastados que puidesen ser adaptados a novos desenvolvementos locais. Proxecto global e pioneiro de divulgación científica e innovación aberta que se basea na web 2.0 e nas novas tecnoloxías para contar a pé de rúa as tendencias alimenticias en diferentes países e cidades.
|
|
O principal obxectivo do proxecto BREAD4PLA é demostrar a viabilidade técnica e económica do uso de residuos do sector da panificación na fabricación de películas integramente biodegradables. O proxecto creará e explotará unha instalación experimental continua a escala preindustrial para a síntese de ácido poliláctico a partir de residuos de panificación.
|
|
O presente proxecto ten como obxectivo primordial investigar as calidades do ozono, tanto gaseoso como disolto en auga (auga ozonizada) para promover o crecemento de cogomelos ou fungos comestibles, debidamente aplicado durante o proceso de desenvolvemento dos mesmos.
|
|
Un dos maiores retos da agricultura europea nos próximos anos consiste na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro procedente de explotacións agrarias e, ao mesmo tempo, adaptarse ao novo escenario que supón o cambio climático. Así mesmo, pódese potenciar a rendibilidade económica e social das explotacións mediante a adopción das oportunas prácticas agrarias sustentables que reduzan a pegada de carbono da agricultura e que potencien o seu efecto sumidoiro.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 6 |