|
En Galicia, como consecuencia dunha estrutura produtiva pouco elástica, a contaminación xerada pola industria agroalimentaria incide de xeito directo deprimindo a produtividade do propio sector que a xera e por iso non so é necesario promover cambios na produción de materias primas que reduzan os efluentes e residuos, senón tamén aplicar tecnoloxías limpas de proceso para minimiza-la súa xeración e facilitar, no posible, o seu reciclado e reincorporación ó ciclo produtivo.
A produción sustentable abrangue por unha banda o desenvolvemento de sistemas de produción agrícola, gandeira, pesqueira e acuícola que permitan que, asumindo as esixencias de protección ambiental e conservación dos recursos e aplicando novas tecnoloxías, obter produtos de calidade a custes razoables. Por outra a xestión do auga e o deseño de sistemas de produción que minimicen de modo coordinado coa industria transformadora e a distribución, a xeración de residuos e subprodutos contaminantes.
A continuación preséntanse os temas de interese pertencentes a esta categoría, incluíndo cada un o enlace ao listado de grupos de investigación relacionados: |
|
17) Desenvolvemento de tecnoloxías de procesado limpas que xeren menos residuos e consuman menos enerxía, auga, e materiais de envasado. Desenvolvemento de novos materiais biodegradables, recuperados e activos. Reenxeñería de procesos con criterios de ecoeficiencia e ecodeseño Posibles aplicacións: - Desenvolvemento de sistemas de envasado activo biodegradables.
- Redución do volume de envases e embalaxes alimentarios.
- Obtención de novos materiais de envasado a partir de produtos naturais.
- Procedementos para a redución de insumos.
Grupos de investigación relacionados |
18) Prevención da contaminación da actividade extractiva e transformadora mediante o desenvolvemento de procedementos de valorización de coprodutos, descartes pesqueiros e residuos agroalimentariosPosibles aplicacións: - Aplicación de tecnoloxías de membranas ó tratamento de efluentes líquidos, en especial nas industrias láctea e conserveira.
- Utilización de lodos de depuradora incluíndo os sistemas de secado e compostaxe.
- Posta a punto de métodos analíticos para a caracterización rápida de efluentes e residuos, orixe e ecotoxicoloxía.
- Desenvolvemento de procesos de tratamento terciario de augas.
- Optimización do aproveitamento de puríns en actividades agrícolas e forestais.
- Prevención da polución e a eutrofización no mar e nas áreas costeiras pola propia actividade extractiva mediante o tratamento e aproveitamento de descartes, subprodutos e residuos da pesca.
Grupos de investigación relacionados |
19) Desenvolvemento de tecnoloxías, incluídas as de fermentación, para a obtención de biocombustibles e metabolitos de alto valor engadido a partir de coprodutos e residuos Posibles aplicacións: - Deseño de procesos biotecnolóxicos (encimáticos e fermentación) para a valorización e o reciclado de subprodutos e efluentes mediante a produción de metabolitos de alto valor engadido.
- Desenvolvemento de tecnoloxías, incluídas as de fermentación, para a obtención de biocombustibles a partir de residuos agrícolas e de depuradora.
Grupos de investigación relacionados |
20) Manexo e conservación dos recursos biolóxicos autóctonos, en especial na súa relación co medio natural e os valores culturais Posibles aplicacións: - Desenvolvemento de sistemas de teledetección e sistemas acústicos de ecoavaliación para avaliar as tendencias da biodiversidade mariña, os procesos dos ecosistemas e a circulación oceánica.
- Desenvolvemento de sistemas sostibles de produción agrícola e gandeira, baseados na utilización de recursos naturais con aforro de fertilizantes e pensos.
Grupos de investigación relacionados |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 2 |