Liñas de Traballo (en Construción)
|
Orientación sobre as liñas de traballo e ideas de proxectos de I+D+i nos eixos correspondentes aos grupos públicos dinamizados dende a Ptgal.
- PRODUCIÓN AGROGANDEIRA SUSTENTABLE
No proceso de Relanzamento do Grupo de Produción Agrogandeira estase a someter a valoración das empresas as liñas de innovación identificadas como prioritarias para o desenvolvemento do sector.A continuación enuméranse os campos de traballo estudados:
1. Emprego de razas autóctonas na conservación do medio natural.
2. Adaptación da agricultura e da gandería ao cambio climático.
3. Redución de fontes proteicas na alimentación do gando vacún.
4. Mellora na composición e utilización de forraxes para o incremento das propiedades nutricionais e funcionais dos produtos agro-gandeiros.
5. Desenvolvemento de sistemas sustentables de produción agrícola e gandeira, baseados na utilización de recursos naturais.
6. Utilización da gandaría extensiva e impulso dos sistemas de produción integrada e ecolóxica.
7. Seguridade alimentaria e ambiental nos sistemas produtivos agrarios.
8. Xestión do recurso da auga nas explotacións agro-gandeiras.
9. Impacto do uso de pesticidas na calidade das augas e dos solos nas explotacións.
10. Aproveitamento dos subprodutos nas explotacións.
Proximamente publicaremos os resultados das valoracións realizadas.
Nestes intres atopámonos traballando no lanzamento de este grupo de traballo,proximamente lanzarase unha enquisa de avaliación das liñas propostas polo líder cientifico do grupo que se enumeran a continuación:
1. Ferramentas de xestión de recursos e sistemas de produción.
2. Identificación, localización, seguemento, trazabilidade.
3. Sistemas de Información Xeográfica.Cartografía electrónica.
4. Redes de monitorización de alerta.
5. Sistemas Intelixentes.Teledetección.Sistemas de rego intelixente.
6. Visión artificial.Automatización.
7. Simulación.
8. e-administración.Aplicacións en mobilidade.
Proximamente publicaremos os resultados das valoracións realizadas.
|
|
|
|
|
|