REAL: REDE AGROALIMENTARIA NORTE DE PORTUGAL-GALIZA

REAL: REDE DE INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO AGRO_ALIMENTARIA NORTE DE PORTUGAL-GALIZA

O pasado mes de Abril a Ptgal participou na promoción dun proxecto que pretendía constituir unha rede agro-alimentaria de cooperación en materia de Innovación entre Galiza e o Norte de Porugal. O proxecto (REAL) foi presentado ao programa de cooperación transfronteiriza e comprácenos comunicarlles que temos recibido notificación da súa concesión. O proxecto, que ten sufrido un sustancial recorte, comezará a se desenvolver a principios do 2009 e sen dúbida suporá unha oportunidade de internacionalización para as empresas e axentes do sector.

Na rexión Galiza-Norte de Portugal concéntranse un grande número de unidades agro-alimentarias,con unha importante actividade económica con peso nosdous estados.A rede pretende dotalas de un maior corpo que permita asumilo en europa como un importante núcleo de actividade. A rexión conta ademáis con Know-how tecnico-científico desenvolvido polos axentes de investigación pero con dificultade na transferencia ás empresas.

SOCIOS

UTAD Universidade de Trás-os-Montes e alto Douro coma Xefe de Fila
UMINHO. Universidade do Minho
UCP.Universidade Católica Portuguesa
IPVC. Instituto politécnico de Viana do Castelo
NERVIR. Asociación Empresarial
UVIGO. Universidade de Vigo
USC. Universidade de Santiago de Compostela
CTC. Centro TEcnolóxico da Carne e da Calidade Allimentaria de Galiza
DXIDI. Direción Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Xunta de Galiza
ANFACO-CECOPESCA. Asoc. Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado y Mariscos-Centro Tecnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca.

OBXECTIVOS

Crear unha rede de colaboración entrte as institucións de Investigación e Desenvolvemento e as Empresas Agro-Alimentarias.
Crear un conxunto de servizos ( Tecnolóxicos, Consultoría, Formación) aos inscritos na rede.
Realizar Workshops sectoriais e transversais aos sectores.
Internacionalizar a rede cara a outra rexións.
Promover a transferencia Tecnolóxica e a innovación, a través da realización de proxectos de I+DT en cooperación.
Crear unha oficina para a transferencia da innovación as pemes e micropemes.
Divulgar información e resultados.

Nesta web irase difundindo a información de interese para os integrantes da Ptgal segundo se vaia desenvolvendo o proxecto.