A Ptgal Conta coa Colaboración do Axente Dinamizador

Recentemente incorporado á equipa da  Plataforma, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , desenvolverá a súa tarefa centrándose no relanzamento dos grupos de traballo.


A figura do axente dinamizador supón para a Ptgal contar cunha nova canle de comunicación que permitirá por un lado, trasladar de xeito directo as necesidades e propostas de cada unha das empresas interesadas en participar, e por outro a posta en común das mesmas. En estreita colaboración cos grupos de traballo e coordinado coas secretarías técnicas, terá como misión artellar as accións necesarias para identificar e axudar a definir futuros proxectos cooperativos. Dende a Ptgal dámoslle a benvida.