España Ocupa o Posto 39 no Ranking Mundial da Innovación

España ocupa o posto número 39 no «ranking» mundial de innovación recollido no Informe Global de Competitividade 20011-2012 elaborado polo Foro Económico Mundial de Davos, unha lista de 142 países liderada por Suíza e Suecia na que a economía española "queda lonxe" dos países máis avanzados da Unión Europea como Finlandia, Alemaña ou Dinamarca, situándose por detrás de Irlanda, Portugal, República Checa ou Hungría.

O Instituto de Estudos Económicos explica que o Foro de Davos do pasado mes de setembro recalcou a importancia da innovación como "alicerce esencial" para a competitividade dunha economía. Neste sentido, o IEE defende que unha "contorna favorable" á actividade innovadora require dun investimento privado e público "suficiente en I+D", así como de institucións científicas de elevada calidade, unha "estreita colaboración" entre o mundo académico e as empresas e dunha "adecuada protección dos dereitos de propiedade intelectual".
 
O ranking sitúa a Xapón na cuarta posición e a Estados Unidos na quinta. Ademais de Suecia, Finlandia, Alemaña e Dinamarca, colocados no primeiros dez postos do escalafón, os Países Baixos, o Reino Unido, Bélxica, Austria e Francia logran situarse entre o primeiros vinte postos, seguidos de Luxemburgo, que ocupa o lugar 21 e Irlanda, que se sitúa no 23. Da Unión Europea dos 15, só Italia, no banzo 43 e Grecia, no 88, quedan por baixo de España, mentres que nos últimos postos atópanse países de nova incorporación á Unión, como Bulgaria, Rumania ou Eslovaquia.