| Arranque Oficial da Axencia Galega de Innovación |
|
O Executivo galego acaba de aprobar o decreto de creación da AGI (Axencia Galega de Innovación), ademais dos seus estatutos, o novo organismo adscrito á Consellería de Economía e Industria encargarase da implementación das políticas de I+D+i. Esta entidade comezará a funcionar en dous meses, e o seu labor comezará coa asunción das competencias da Dirección Xeral de I+D+i, polo que xestionará o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C). A misión da AGI é a orientación e o impulso dos plans de innovación na administración pública e mellorar a competitividade do tecido empresarial galego a través de estratexias e programas de innovación eficientes. Este organismo tamén se ocupará de levar a cabo acciones de de valorización do coñecemento xerado polas empresas, universidades e centros tecnolóxicos e de investigación, ademais de centrarse na promoción da cooperación entre os axentes do Sistema Galego de Innovación; da súa internacionalización e da captación de talento innovador.
Entre as súas metas inmediatas, previstas para o seu primeiro ano de actividade, atópase o aumento da participación en programas nacionais e internacionais de I+D+i por parte das entidades galegas e o apoio á creación de máis empresas de base tecnolóxica e de emprego de alta cualificación dentro do Sistema Galego de I+D+i.
Fonte: Innovamas
|





