Relanzamento do Grupo de Produción Agrogandeira

Un dos obxectivos prioritarios da Ptgal para esta anualidade é retomar a actividade dos grupos de traballo. Na última asemblea da Ptgal, acordouse fosen liderados por grupos de investigación de Centros, OPIS ou Universidades expertos na materia. Os traballos comezáronse polos grupos de Produción Agrogandeira ; progresivamente, ao longo do 1º semestre do 2012, relanzaremos os outros grupos.

O centro seleccionado para liderar o grupo de traballo de Produción Agrogandeira é o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) con dilatada experiencia no ámbito da investigación, transferencia tecnolóxica e divulgación nas áreas de produción vexetal, produción animal, tecnoloxía de produtos e procesos, tecnoloxía do ambiente, seguranza alimentar, economía agraria...

Co fin de facer partícipes a todas as empresas do sector, na documentación que podedes consultar máis abaixo atoparedes un esquema da organización dos grupos, unha breve descrición do CIAM e a proposta dunha batería de liñas de investigación, para retomar a actividade, sobre as que precisamos coñecer o voso interese.

 

Tanto se a vosa empresa se atopa integrada neste como se non, se considerades que as liñas propostas poden ser proveitosas para desenvolver as vosas actividades de innovación, debedes achegar cumprimentado o documento “Valoración Liñas de Traballo Agrogandeira” á secretaría técnica: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes do 31 de Decembro de 2011. Agradecemos que indiquedes nos espazos correspondentes os seguintes datos :

    *se xa estabades a participar no grupo,
    *valoración das liñas de investigación nas que desexades involucrarvos,
    *de ser o caso, áreas ou liñas que botades en falta

As liñas que saian identificadas como de máis interese determinarán, en grande medida, as posteriores actividades a desenvolver desde a plataforma: preparación de reunións, solicitude de informes de vixilancia, organización de xornadas técnicas, orientación a convocatorias...por iso, insistimos na importancia que, para o correcto funcionamento do grupo, teñen as vosas opinións e criterios.

G.T Produción Agrogandeira
Valoración Liñas de Traballo Agrogandeira