| Obxectivo Innovar (Microespazos Audiovisuais) |
|
O seu obxectivo é dar a coñecer o esforzo investigador que están a realizar as empresas galegas. Ademais, a serie traballa nunha dobre dirección: por un lado, facer chegar á sociedade a importancia do I+D+i para o progreso do país e, por outro lado, convencer aos empresarios galegos de que innovando e cooperando cos outros axentes do Sistema Galego de Innovación serán máis competitivos. Podemos atopar vídeos relacionados co campo agroalimentario de empresas como: HERMASA,COREN, GRUPO CALVO,HIFAS DA TERRA,INNAVES,LEITE RÍO, PORTO DE CELEIRO,TEAXUL, TERRAS GAUDA... |


Obxectivo Innovar" é unha serie documental, composta por trinta e nove microespazos audiovisuais e realizada polo Equipo de Investigación CanalCampus da Universidade de Vigo, por encargo da Consellería de Innovación e Industria, que se emitiu durante o mes de novembro na TVG e que forma parte do Programa de Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i de dita consellería.


