Novas
El Nogal Quival, S.A. Integrase no Grupo de Traballo de Produción Agrogandeira

EL NOGAL-QUIVAL, S.A.,  fundada no ano 1980 en Fragas (Campo Lameiro) Pontevedra elabora e envasa unha selecta gama de froitos secos participará no grupo de traballo de Produción Agrogandeira Sustentable.

 

 
Agafac e Feiraco Participarán no Grupo de Produción Agrogandeira

A Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC) e a Coperativa FEIRACO veñen de integrarse recentemente no grupo de traballo de Produción Agrogandeira Sustentable. O grupo de traballo liderado polo CIAM ten previsto o seu relanzamento proximamente.

 
Laber- Microal, S.L. Integrase na Ptgal

A Corporación Laber Microal, S.L. completou o proceso de adhesión á Ptgal integrándose como membro dos grupos de interese. Desenvolve a súa actividade no eido da Análise de alimentos e augas, desenvolvemento de productos, consultorí alimentaria e medioambiental e formación. Participará nos grupo de traballo públicos da Ptgal.

 
Puntos Nacionais de Contacto: Cambio Contas de Correo

 Debido ao cambio producido pola recente reestruturación ministerial, as contas de correo electrónico dos Puntos Nacionais de Contacto acabadas en @micinn.es serán a partir de agora @mineco.es.

 
Propostas de Cambios no Etiquetado de Alimentos

O Parlamento Europeo  propón, entre outras medidas, cambiar a normativa sobre a data de caducidade na etiquetaxe dos alimentos co fin de reducir o desperdicio anual na UE.

O pleno da Eurocámara aprobou o pasado 19 de Xaneiro un informe do eurodeputado Salvatore Caronna, que defende unha maior concienciación da poboación sobre o devandito problema e realiza a proposta de programas para valorizar parte dos alimentos que se desperdician.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 21