Produción Agrogandeira
CalidadeEste grupo de traballo, liderado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), encárgase de sustentar aquelas liñas de traballo en I+D relacionadas co sector primario agrogandeiro galego, así como aqueles aproveitamentos do monte relacionados co sector alimentario.

Trátase dun grupo de traballo de amplo espectro, no que se fomenta de maneira nidia a colaboración con outros grupos de traballo existentes na Ptgal e asemade con outras plataformas como pode ser a Plataforma Galega do Medio Ambiente, Biotecnoloxia, Madeira, Forestal...

Créase coa fin de contar coa participación dos subsectores:
  • Agrícola: plantas anuais (forraxes, legumes, hortalizas, plantas ornamentais), plantas perennes (frutais, viñedo), patoloxias, tratamentos e outras.
  • Gandeiro: zootecnia, patoloxias, reprodución, mellora xenética...
  • Aproveitamentos alimentarios do monte: gando extensivo, cogomelos e trufas, plantas aromáticas, froita, etc.

Entre todos se definen as liñas prioritarias de actuación, centrando o traballo do grupo naquelas áreas de maior demanda e posibilidade de xeración de proxectos cooperativos.

Os obxectivos que se pretenden acadar son os seguintes:
  • Definir as áreas de traballo máis importantes dentro do sector primario en Galicia.
  • Definir e conseguir a participación dos axentes reais dentro do sistema, tanto no que se refire a subsectores maduros coma a subsectores emerxentes, dentro e fóra da Plataforma.
  • Participación dos axentes no grupo de traballo público.
  • Definición de proxectos.


Exemplos de temáticas relacionadas recollidos na AEI (Axenda Estratéxica de Investigación):

  • Sistemas de produción, alimentación e manexo para mellorar a calidade, produtividade, estabilidade e características nutricionais e funcionais da produción e dos produtos, agrícolas, acuícolas e gandeiros.
  • Manexo e conservación de recursos biolóxicos.
  • Desenvolvemento e mellora de tecnoloxías e novos equipamentos para a explotación sustentable dos recursos.
  • Diversificación de produción de materias primas alimentarias.
  • Xestión sustentable e multifuncional dos sistemas produtivos. Desenvolvemento de sistemas de produciónsustentable.

 

INTEGRANTES DO GRUPO DE TRABALLO

Grupo de Traballo de Produción Agrogandeira: ESTRUTURA, LÍDER E LIÑAS

Relanzamento do Grupo de Produción Agrogandeira-2012