Novos Produtos e Valorización
ValorizaciónEn Galicia como consecuencia dunha estrutura produtiva pouco elástica, a contaminación xerada pola industria agroalimentaria incide de xeito directo sobre a diminución da produtividade. É por iso necesario introducir cambios que por un lado valoricen estes residuos e ao tempo que minimicen a súa xeración.

O obxectivo do grupo é identificar proxectos cooperativos que dean solucións ventaxosas aos problemas concretos das empresas no eido do reciclaxe e da valorización de residuos.

A utilización dunha metodoloxía ben definida permitirá precisar polo miúdo as necesidades das empresas participantes. Para iso é básico coñecer determinadas características das empresas como:

  • Natureza e volume da materia a tratar.
  • Escala do tratamento.
  • Produto final a obter.
  • Mercado potencial destes produtos.


Simultaneamente, os grupos de investigación serán analizados segundo as características da súa produción científica valorando os enfiques conceptuais, equipamentos, materiais e capacidade de transferencia.

Dende a Ptgal instarase, e daranse facilidades ao respecto, ás reunións específicas de agregados de empresas e grupos de investigación para chegar á elaboración de proxectos definitivos.


INTEGRANTES DO GRUPO DE TRABALLO

Grupo de Traballo 2012 VALORIZACIÓN DE MATERIAS PRIMAS E SUBPRODUTOS: ESTRUTURA, LÍDER E LIÑAS
Relanzamento G.T. VALORIZACIÓN MATERIAS PRIMAS E SUBPRODUTOS-2012