NNTT de Procesado e Envasado

Entre os retos máis importantes da industria alimentaria, atópase a conservación o procesado e o envasado de alimentos.Co desenvolvemento de novas técnicas de produción, o reto xa non somente se atopa na elaboración de alimentos, senón tamén no xeito de conservalos co fin de alongar a sua vida útil sen que se danen as súas características nutricionais e organolépticas.

A demanda de alimentos minimamente procesados que, á vez sexan seguros, conserven as características nutricionais, xustifica a aplicación destas novas tecnoloxías para a conservación e transformación de alimentos. Esta evolución e desenvolvemento está a obrigar a industria alimentaria galega a se adaptar ás novas tecnoloxías de produción e ás demandas do mercado.

O grupo de traballo "Novas Tecnoloxías de Procesado e Envasado” da Ptgal,persegue o obxectivo de incentivar e facilitar a intercomunicación de novas ideas en ciencia de procesado de alimentos, promovendo o desenvolvemento de proxectos colaborativos conxuntos entre os distintos membros do grupo e reforzando a transferencia de novas tecnoloxías á industria alimentaria galega.

Para conquerir estes obxectivos, preténdese:

  • Detectar as necesidades existentes entre as empresas do grupo de traballo.
  • Promover a colaboración entre as empresas e os distintos organismos de investigación para promover proxectos ou iniciativas colaborativas.
  • Potenciar o coñecemento das demandas e capacidades en materia de I+D+i existentes no grupo de traballo.


Exemplos de temáticas relacionadas recollidos na AEI (Axenda Estratéxica de Investigación):

  • Aplicación de tecnoloxías emerxentes a procesos agroalimentarios.
  • Procesos innovadores de transformación, conservación e sistemas de envasado.
  • Desenvolvemento de tecnoloxías de procesado limpas que xeren menos residuos e consuman menos enerxía, auga e materiais de envasado.


INTEGRANTES DO GRUPO DE TRABALLO