| Formación e Educación |
A transferencia fai referencia ao proceso ou procesos de transmisión polos que lograr que o coñecemento sexa rapidamente incorporado ao mercado de produtos e servizos, en termos de competencia profesional.A investigación e a formación convértense no principal motor que impulsa e move a transferencia, en termos de axudar o capital humano e as organizacións a utilizaren novos insumos, equipos, etc. que poidan aumentar a súa eficiencia. Esta eficiencia acadada como consecuencia do proceso de transferencia, mellora a competitividade das empresas e nútrese da investigación e da formación do capital humano como principal eixo estratéxico de cambio e innovación. Este grupo nace coa intencionalidade de reflexionar sobre as fortalezas da formación e da transferencia do coñecemento na innovación e na competitividade do sector agroalimentario, neste grupo preténdese traballar en diversas liñas que permitan incrementar o rendemento empresarial. FORMACIÓN CONTINUA SECTORIAL Na súa actividade dinamizadora, o grupo de Formación e Educación da Ptgal, obtivo os seus primeiros resultados ao desenvolver conxuntamente coa Asociación Galega da Carne (ASOGACARNE) o primeiro plan de formación sectorial para o emprego, ao abeiro das axudas destinadas á formación continua dos traballadores e traballadoras para o ano 2009, convocadas pola Consellaría de Traballo.Este plan incluía 4 cursos, un de teleformación e 3 presenciais. PRESENTACIÓN DA METODOLOXÍA INTEGRANTES DO GRUPO DE TRABALLO |


A transferencia fai referencia ao proceso ou procesos de transmisión polos que lograr que o coñecemento sexa rapidamente incorporado ao mercado de produtos e servizos, en termos de competencia profesional.


