Alimentos e TIC's

Alimentos e TICSO grupo de traballo sobre Tecnoloxías de Información e Comunicación (TICs) e Alimentos, recentemente creada pola Plataforma Tecnolóxica Galega, pretende explorar as posibilidades das TICs como motores de desenvolvemento do sector alimentario galego.

Os campos de influencia das TICs son enormemente amplos e a mellor maneira de descubrir súa importancia e imaxinar a nosa empresa sen ordenadores nin internet.

Esta comisión é de carácter público e pretende detectar problemas e oportunidades para xerar proxectos conxuntos relacionados con as TICs entre os membros da Plataforma.

O grupo persegue os seguintes obxectivos:
  • Estimular a cultura de innovación das empresas alimentarias na súa deriva relacionada coas TICs.
  • Detectar, impulsar e acompañar aqueles proxectos emanados das empresas e institucións asociadas á Ptgal.
  • Provocar contactos entre empresas e centros de investigación que conduzan ao obxetivo anterior.

Para acadar estes resultados os dinamizadores teñen proposto unha metodoloxía inicial que se resume nos seguintes puntos:
  1. Reunión inicial con aqueles integrantes da Ptgal que estean interesados na temática: preténdese así definir os diferentes colectivos interesados así como a elaboración dun mapa de intereses por medio dun formulario web.
  2. As conclusións da reunión anterior serán presentadas ante o Comité para valorar as accións a realizar na búsqueda de obxectivos.
  3. Creación dun ou varios subgrupos por proxectos seleccionados.
  4. Busca de convocatorias de carácter galego, nacional e europeo nas que se puidesen ir encaixando os novos proxectos coherentes ca AEI (Axenda Estratéxica de Investigación).

Algúns exempos recollidos na AEI:
  • Desenvolvemento de modelos de ferramentas (especialmente baseadas nas TICs) de xestión integral dos recursos e dos sistemas de produción.

INTEGRANTES DO GRUPO DE TRABALLO