|
Os próximos 19 ao 21 de xuño terá lugar en Frankfurt (Alemaña) un evento de transferencia de tecnoloxía e procura de socios sobre tecnoloxías químicas, protección ambiental e biotecnoloxía no marco de ACHEMA, feira líder a nivel mundial para a industria de procesos, que reúne a 4.000 expositores de 50 países e a 180.000 visitantes.
|
|
O próximo 8 de xuño terá lugar en Istambul (Turquía) un evento de transferencia de tecnoloxía e procura de socios no marco da VIII Feira Internacional de tecnoloxías ambientais, reciclaxe e xestión de residuos (7 ao 10 de xuño).
|
|
O Grupo de Traballo de Biotecnoloxía de ERRIN está a organizar un brokerage event co obxectivo de formar consorcios gañadores para a próxima convocatoria do tema KBBE, entre as entidades das rexións membro da rede.
|
|
Os próximos 3 e 4 de maio terá lugar en Istambul (Turquía) un evento de transferencia de tecnoloxía e procura de socios no marco da terceira edición do Congreso sobre Seguridade Alimentaria .
|