Ecosistemas Costeiros e Mariños

A conferencia Participación, cumprimento e aplicación na xestión dos ecosistemas costeiros e  mariños terá lugar o vindeiro 30 de Xaneiro - as 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito (Universidade da Coruña). Como en otras ocasións poderá seguirse en directo a través de http://tv.campusdomar.es

Impartida por STEPHEN OLSEN - Coastal Resources Center - Universidade de Rhode Island (USA), con Con máis de corenta anos de experiencia nas cuestións de xestión integrada das zonas costeiras, tanto nos Estados Unidos como en moitos países do mundo (en particular, de Asia, de África e de Latinoamérica).

Stephen Olsen desenvolveu unha metodoloxía para promover a gobernaza das zonas costeiras e dos ecosistemas mariños, máis adecuada en cada lugar. A súa aplicación require por en marcha un “proceso de cambio” baseado na sustentabilidade ambiental, económica e social que ten en conta as peculiaridades de cada ámbito xeográfico e que valora moi principalmente a participación dos actores sociais. 

A exposición das liñas mestras ou eixos fundamentais dos procesos de xestión das zonas costeiras e dos ecosistemas mariños -que se resume na conferencia do Director do CRC- pretende suscitar un frutífero debate sobre os grandes desafíos que hoxe se atopan os responsables, xestores, e investigadores nesta materia. 

Máis información