Xornadas de Brokerage. Innovar con Éxito

A Rede Real organiza unha Xornada de Brokerage o próximo 13 de Decembro do 2011 que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. A xornada será dende as 9:30 ata as 13:00 horas.

O encontro organizado pola Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal - Galicia (Rede Real), que pretende promover a aproximación das empresas Agro-alimentarias ás competencias e capacidades da oferta dos centros de investigación e tecnolóxicos do Norte de Portugal e Galicia.

Neste evento serán realizadas reunións personalizadas, previamente axenciadas entre investigadores e representantes das empresas, co obxetivo de establecer unha conexión entre a oferta científica e tecnolóxica e as necesidades das empresas, potenciando o coñecemento mutuo, procurando crear condicións para o apoio a resolución de problemas concretos das empresas e a dinamización de proxectos en colaboración. 

Inscrición a través da Web
 
Máis información na páxina web www.rede-real.eu.