|

O Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria é unha fundación de interese galega que pretende dinamizar e mellorar a capacidade competitiva do sector agroalimentario de Galicia.
A súa actividade organízase en torno a catro eixos fundamentais de actuación:
- Servizos a empresas (análises, trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria, APPCC, etc).
- I+D+i
- Formación
- Asesoramento e transferencia tecnolóxica, en íntima relación cos axentes do sector.
O CTC nace con vocación de prestar servizos a todos os colectivos sectoriais que forman parte da cadea alimentaria. Desde que abriu as súas portas no ano 2006, o Centro ten desenvolvido unha actividade moi significativa, como se reflicte nos convenios de colaboración asinados con diversas entidades públicas e privadas, os numerosos proxectos presentados a diferentes convocatorias e a importante oferta formativa coa que conta na actualidade.
O Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria xoga un papel fundamental no impulso do I+D+i e na transferencia de tecnoloxía dentro do sector agroalimentario, facilitando a implantación dunha cultura innovadora en tódolos ámbitos.
O centro brinda ás empresas deste sector a colaboración e os apoios necesarios para gañar en competitividade, pondo ó seu dispor toda a potencialidade dos seus recursos humanos e técnicos. Para isto, o CTC ten en marcha unha variedade de iniciativas de investigación, que van desde proxectos propios, outros con empresas, e noutros prestando servizos tecnolóxicos externos.
No seguinte enlace pódense consultar as principais liñas de investigación, a oferta de servizos tecnolóxicos, e demáis información de interese do Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria.
|