|
A Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria é o catalizador das interaccións existentes entre os diferentes segmentos da produción primaria, industrial, dos centros tecnolóxicos, etc. O seu obxectivo primordial e conseguir o mellor aproveitamento posible das sinerxias que se dan entre estes diferentes sectores. A iniciativa da Ptgal está aberta á integración de todos os axentes implicados e comprometidos co desenvolvemento do sector e nela atópanse representados un amplo abano de entidades e empresas: dende o sector extractivo e de produción primaria ata as pequenas e grandes industrias alimentarias e de distribución, así como a comunidade científica e a Administración. Na súa actividade diaria céntrase en impulsar a investigación dos Grupos de traballo que xa a integran, ademais de incentivar a creación de novos grupos que permitan que as iniciativas lanzadas dende a Plataforman teñan cada vez maior repercusión no sector agroalimentario.
Novas |





