Cómo traballamos?

A participación en rede da  Administración, dos científicos e do sector produtivo-empresarial  fan da plataforma  o punto de encontro da I+D+i do sector agroalimentario galego. Na Ptgal resulta imprescindible a implicación do empresariado. Para acadala póñense en marcha mecanismos directos: participación en Grupos de traballo, no Comité, suxestións ás secretarías... e indirectamente  outorgándolle na Estrutura Organizativa un maior peso na configuración dos seus órganos: nº de empresas no Comité Executivo (mínimo do 60%), ponderación de votos nas asembleas, participación de empresas en grupos de traballo privados...

É a Asemblea Xeral, integrada por todos os membros da Ptgal, a que decide as liñas de actuación que a Plataforma debe desenvolver.

O Comité Executivo, elixido de xeito democrático pola Asemblea, preséntalle anualmente a ésta un plano de traballo que debe procurar o desenvolvemento en cooperación das liñas de investigación identificadas polo sector na Axenda Estratéxica de Investigación.

As decisións ordinarias, necesarias para por en marcha e  axilizar o plano  do traballo anual, tómaas o Comité Xestor, formado por membros do Comité Executivo e as Secretarías Técnicas.

A execución destas decisións correspóndelle ás Secretarías Técnicas, que xunto cos Grupos de Traballo desenvolven as actuacións necesarias para acadar os obxectivos e o correcto funcionamento da Ptgal.