Cómo participar?

A Ptgal é unha agrupación de empresas e institucións vinculadas ao sector agroalimentario galego. Calquera empresa ou entidade pública ou privada que estea relacionada co sector agroalimentario pode inscribirse na Plataforma sen que iso conleve ningún tipo de obriga económica. No documento Estrutura Organizativa pode consultar os diferentes xeitos de participar na Ptgal.

 

Na actualidade integran a Plataforma máis de cento setenta empresas e as principais entidades galegas do ámbito da ciencia e da tecnoloxía no eido agroalimentario: universidades, centros tecnolóxicos, institutos de investigación...

 

Para inscribirse na Ptgal debe cumprimentar o documento de Solicitude de adhesión segundo se trate dunha Empresa ou Entidade (Empresas, Centro de Investigación, Centro Tecnolóxico, Fundacións,...)  ou dunha Equipa de Investigación (Equipas de Universidades, de Centros,...).

Solicitude de adhesión Empresas i Entidades
Solicitude de adhesión Equipas de Investigación

 
Debe remitir a solicitude a unha das Secretarías Técnicas. Unha vez recibida a información na Ptgal incluirase a nova entidade/empresa como membro integrante da Plataforma.
 

Se a súa empresa está interesada en colaborar activamente na xeración de proxectos de I+D a través dos Grupos de Traballo consulte esta sección.