Centro Tecnolóxico da Pesca

Cunha clara vocación pola innovación e a tecnoloxía as entidades Puerto de Celeiro, S.A., a Confradía de Pescadores de Celeiro “Santiago Apóstolo”e Servicios Integrais de Celeiro, S.A. (SERVICEL) constituiron, en Outubro de 2005, a Fundación para a Investigación, Desenrolo Tecnolóxico e Innovación no Sector Pesqueiro de Celeiro (FDTISPC) co propósito de reforzaren e coordinaren as súas líñas de traballo en pro da creación de valor para as empresas do seu ámbito de influenza. Esta nova entidade tutela a posta en marcha e creación do Centro Tecnolóxico da Pesca, CETPEC.

CETPEC abre novos horizontes de futuro en aras dunhna frota competitiva e rendable, comprometida no só ca sostenibilidade do recurso mais tamén co medio ambiente.
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos exerce o protectorado da Fundación e nun futuro inmediato, formarán parte desta nova institución en calidade de membros de pleno dereito, tanto o citado departamento da Administración Autonómica como a Consellería de Innovación e Industria e o Concello de Viveiro.

 
CETPEC