|
A calidade dos alimentos asóciase tanto ás súas calidades nutritivas e organolépticas como ós seus efectos sobre a saúde. Incrementar ou manter la calidade das materias primas e produtos transformados ten que constituír unha prioridade para o sector agroalimenario en Galicia, e para isto os esforzos han de incidir na aplicación de tecnoloxías novas e emerxentes á produción e ó procesado das materias primas.
A explotación da particularidade gastronómica galega implica non só industrializar os procesos de elaboración de produtos artesanais tradicionais, senón tamén desenvolver procedementos analíticos e de xestión para garantir a autenticidade dos produtos galegos.
A distribución considerase tamén un aspecto chave da cadea alimentaria xa que é crítico para que os produtos cheguen ó mercado en condicións óptimas que os esforzos por garantir calidade nos proceso de extracción, elaboración e transformación, se manteñan ó longo de toda a cadea incluíndo na mesma os procesos de distribución e loxística.
A continuación preséntanse os temas de interese pertencentes a esta categoría, incluíndo cada un o enlace ao listado de grupos de investigación relacionados: |
|
1) Desenrolo e mellora de técnicas para determinar a orixen, a trazabilidade e a autenticidade.
Posibles aplicacións:
- Autenticidade das materias primas, con especial énfase nas procedentes da importación.
- Desenvolvemento de ferramentas de xestión de trazabilidade.
Grupos de investigación relacionados |
2) Sistemas que melloren a calidade, a productividade, a estabilidade e as características nutricionais e funcionais dos productos e da producción.
Posibles aplicacións:
- Sistemas de produción animal e vexetal para a mellora da calidade.
- Sistemas de manexo animal.
- Sistemas de mellora e selección xenética animal e vexetal.
- Sistemas de captura que incidan na calidade dos produtos da pesca.
Grupos de investigación relacionados |
3) Estratexias de benestar animal.
Posibles aplicacións:
- Estratexias de difusión e sensibilización das técnicas de benestar animal e a súa influencia na calidade.
- Identificación de marcadores de estres.
Grupos de investigación relacionados |
4) Aplicación de tecnoloxías emerxentes ós procesos agroalimentarios.
Posibles aplicacións:
- Desenvolvemento de tratamentos combinados, é dicir aqueles onde se estuden as posibilidades das tecnoloxías emerxentes sen deixar de lado os posibles efectos que estas terían en combinación con tratamentos clásicos.
Grupos de investigación relacionados |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |