Axudas internacionais
Orientation Paper 2013-KBBE

Dende a Oficina de Programas Internacionais de I+D+i queremos informarvos de que xa está dispoñible o ORIENTATION PAPER 2013 do tema Alimentación, Agricultura e Pesca, e Biotecnoloxía (KBBE) do VII Programa Marco: ORIENTATION PAPER KBBE.

 
Novas Programa FP7-HEALTH-2013

Xa está dispoñible o ORIENTATION PAPER, que inclúe os topics en estado de borrador das convocatorias do programa de traballo 2013 de Saúde 

 
Novas Programa FP7-Ocean-2013

Os contidos do programa de traballo OCEAN 2013, conxunto entre os temas KBBE, NMP, Enerxía, Medio Ambiente e Transporte do VII Programa Marco, atópanse en definición. A data estimada de apertura é a mediados de xullo 2012 e contará cun orzamento indicativo de 55 M€.

 
Novas Programa FP7-KBBE-2013
Dende a OPIDI infórmannos que o Programa de Traballo 2013 do tema Alimentación, Agricultura e Pesca e Biotecnoloxía do FP7 está en fase de discusión na Comisión Europea. A convocatoria FP7-KBBE-2013-7 ten prevista a súa publicación a mediados de xullo 2012 e a data estimada de peche é o 5 de febreiro de 2013. O orzamento dispoñible estará en torno a 360 millóns de €.
 
Convocatoria LIFE+ da Unión Europea

 Resolución de 15 de marzo de 2012, da Subsecretaría, pola que se anuncia o prazo de presentación de solicitudes de axuda a proxectos susceptibles de ser financiados polo Instrumento Financeiro LIFE+ da Unión Europea, nos ámbitos temáticos de LIFE+ Natureza e Biodiversidade, LIFE+ Política e Gobernanza ambientais e LIFE+ Información e Comunicación, convocatoria 2012.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 6