C.T.N. de Conservación de Produtos da Pesca

O Centro Técnico Nacional da Conservación de Produtos da Pesca (CECOPESCA), é un Centro de Innovación e Tecnoloxía, que desenvolve una amplia actividade no eido da calidade, a investigación e desenvolvemento tecnolóxico constituido para o servizo do sector industrial transformador e conserveiro de produtos do mar e industrias afíns.

Os fins de ANFACO-CECOPESCA son:

  • Promove-la calidade, investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico no eido da conservación dos productos da pesca e a acuicultura, así como na transferencia de resultados de investigación ó tecido empresarial.
  • Prestar asesoramento científico, tecnolóxico e normativo as suas empresas asociadas, co fin último do control e mellora da calidade dos seus produtos.
  • Prestar asistencia técnica as suas empresas asociadas, desprazándose para leva-lo a cabo, ós seus centros produtivos
  • Poñer a disposición das empresas todos aqueles mecanismos que favorezan a competitividade do sector e impulsen o seu desenvolvemento industrial.

Os laboratorios de ensaio de ANFACO–CECOPESCA están acreditados pola ENAC (Entidad Nacional de Acreditación) conforme á norma UNE-EN-ISO 17025, análises físico-químicos, microbiolóxicos, toxicolóxicos e biomoleculares de produtos agroalimentarios (incluindo augas potables), para ensaios de envases e análises de augas continentais, residuais e mariñas .Tódolos ensaios acreditados emitidos por ANFACO–CECOPESCA son válidos para calquera dos países firmantes do acuerdo asinado entre a ENAC EA (European Co-operation for Accreditation)

ANFACO-CECOPESCA conta cun Centro de Experimentación de Produtos del Mar “Planta Piloto”, unha plataforma de investigación industrial equipada con liñas e maquinaria para todo tipo de procesos de conservación de alimentos, fundamentalmente de productos de la pesca e con modernos laboratorios para el análisis de la materia prima y simulación de los diferentes procesos de producción.

A actividade técnica e investigadora de ANFACO-CECOPESCA está estruturada nas seguintes áreas:

 
Área de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía

Este área realiza os análises de identificación xenética de especies de peixes de forma independiente ó grado de transformación, mediante a identificación de especies, autentificación de especies e detección de organismos modificados xenéticamente.

 
Área de Calidade e Seguridade Alimentaria

Os principais obxectivos deste área son potenciar a mellora da calidade dos produtos do sector transformador de productos del mar, mediante o control das materias primas, dos procesos de transformación e dos produtos finais e desenvolver análises e control de certos contaminantes mariños.

 
Área de Enxeñería, Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico

Entre os obxectivos deste área están o desenvolvemento tecnolóxico, a través da optimización de procesos industriais, o fomento da modernización e optimización de instalación, deseño de novas líñas produtivas realizando control de envases e embalaxes, análises sensorial.

 
Área de Medioambiente e Valorización dos produtos do Mar

Este área presta servizos de asesoramento sobre temas medioambientais, análises caracterización e tratamento de efluentes, análises de lodos de depuración, tratamento de residuos sólidos e líquidos.

 
Área de Metroloxía e Calibración

 

 
Área de Microbioloxía e Toxinas

Ten entre os seus actuais obxectivos realizar o control microbiolóxico e/ou toxicolóxico dos produtos da pesca e da acuicultura, abarcando materias primas e produtos transformados; a investigación sobre biotoxinas mariñas, bioloxía células e realizando servizos de inspección veterinaria.