A Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria é o catalizador das interaccións existentes entre os diferentes segmentos da produción primaria, industrial, dos centros tecnolóxicos, etc. O seu obxectivo primordial e conseguir o mellor aproveitamento posible das sinerxias que se dan entre estes diferentes sectores.
A iniciativa da Ptgal está aberta á integración de todos os axentes implicados e comprometidos co desenvolvemento do sector e nela atópanse representados un amplo abano de entidades e empresas: dende o sector extractivo e de produción primaria ata as pequenas e grandes industrias alimentarias e de distribución, así como a comunidade científica e a Administración.
Na súa actividade diaria céntrase en impulsar a investigación dos Grupos de traballo que xa a integran, ademais de incentivar a creación de novos grupos que permitan que as iniciativas lanzadas dende a Plataforman teñan cada vez maior repercusión no sector agroalimentario.
Novas |
|
Recentemente incorporado á equipa da Plataforma,
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
, desenvolverá a súa tarefa centrándose no relanzamento dos grupos de traballo.
A figura do axente dinamizador supón para a Ptgal contar cunha nova canle de comunicación que permitirá por un lado, trasladar de xeito directo as necesidades e propostas de cada unha das empresas interesadas en participar, e por outro a posta en común das mesmas. En estreita colaboración cos grupos de traballo e coordinado coas secretarías técnicas, terá como misión artellar as accións necesarias para identificar e axudar a definir futuros proxectos cooperativos. Dende a Ptgal dámoslle a benvida.
|
|
A xornada organizada pola Ptgal en colaboración con FEUGA, pretende achegar ao tecido empresarial e produtivo as capacidades investigadoras coas que contamos en Galicia. A celebración do acto, terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro 6 de Marzo nas intalacións de FEUGA, en horario de 9:30 a 13:30 horas. Desenvolverase en 6 bloque de presentación rápidas (aprox. 4 minutos), nas que as equipas de investigación das universidades e centros amosarán as suas competencias. Os asistentes poderán manter reunións con aqueles grupos que consideren de interese.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 23 |