Calidade alimentaria, procesado e distribución

A calidade dos alimentos asóciase tanto ás súas calidades nutritivas e organolépticas como ós seus efectos sobre a saúde. Incrementar ou manter la calidade das materias primas e produtos transformados ten que constituír unha prioridade para o sector agroalimenario en Galicia, e para isto os esforzos han de incidir na aplicación de tecnoloxías novas e emerxentes á produción e ó procesado das materias primas.

A explotación da particularidade gastronómica galega implica non só industrializar os procesos de elaboración de produtos artesanais tradicionais, senón tamén desenvolver procedementos analíticos e de xestión para garantir a autenticidade dos produtos galegos.

A distribución considerase tamén un aspecto chave da cadea alimentaria xa que é crítico para que os produtos cheguen ó mercado en condicións óptimas que os esforzos por garantir calidade nos proceso de extracción, elaboración e transformación, se manteñan ó longo de toda a cadea incluíndo na mesma os procesos de distribución e loxística.

A continuación preséntanse os temas de interese pertencentes a esta categoría, incluíndo cada un o enlace ao listado de grupos de investigación relacionados:

 

1) Desenrolo e mellora de técnicas para determinar a orixen, a trazabilidade e a autenticidade.

Posibles aplicacións:
  • Autenticidade das materias primas, con especial énfase nas procedentes da importación.
  • Desenvolvemento de ferramentas de xestión de trazabilidade.
Grupos de investigación relacionados
 

2) Sistemas que melloren a calidade, a productividade, a estabilidade e as características nutricionais e funcionais dos productos e da producción.

Posibles aplicacións:

  • Sistemas de produción animal e vexetal para a mellora da calidade.
  • Sistemas de manexo animal.
  • Sistemas de mellora e selección xenética animal e vexetal.
  • Sistemas de captura que incidan na calidade dos produtos da pesca.

Grupos de investigación relacionados

 

3) Estratexias de benestar animal.

Posibles aplicacións:

  • Estratexias de difusión e sensibilización das técnicas de benestar animal e a súa influencia na calidade.
  • Identificación de marcadores de estres.

Grupos de investigación relacionados

 

4) Aplicación de tecnoloxías emerxentes ós procesos agroalimentarios.

Posibles aplicacións:

  • Desenvolvemento de tratamentos combinados, é dicir aqueles onde se estuden as posibilidades das tecnoloxías emerxentes sen deixar de lado os posibles efectos que estas terían en combinación con tratamentos clásicos.

Grupos de investigación relacionados

 
More Articles...
<< Start < Prev 1 2 3 Next > End >>

Page 1 of 3