O sobrepeso e a obesidade afectan xa a unha proporción elevada da sociedade galega e en determinados grupos de idade, especialmente nenos e xoves, a incidencia é alarmante. Por outra banda, o agravamento dos problemas asociados á estrutura demográfica galega é outro dos retos ós que se deberá enfronta-la sociedade nos vindeiros anos.
Os alimentos e ingredientes funcionais cobraron un gran protagonismo nos últimos anos debido á posible relación entre o seu consumo e a prevención de certas patoloxías, sendo este un importante elemento de marketing. Sen embargo tales efectos beneficiosos non sempre responden a resultados cientificamente contrastados, descoñecéndose na maior parte dos casos os mecanismos da súa actividade biolóxica. O reto para os vindeiros anos será definir o concepto de dieta atlántica, elaborar unha medición cuantitativa e cualitativa dos seus compoñentes e establecer a súa relación coa saúde.
O bloque abarca temas de gran importancia para o conxunto da sociedade galega en xeral, e para o consumidor en particular, e por extensión para o sector produtivo polo que poderíamos caracterizalo pola súa transversalidade. Dentro deste bloque trátanse aspectos que van dende a educación nutricional e cultura gastronómica ata o desenvolvemento de novos alimentos e ingredientes funcionais, campos no que sen dúbida Galicia pode xogar un importante papel. A continuación preséntanse os temas de interese pertencentes a esta categoría, incluíndo cada un o enlace ao listado de grupos de investigación relacionados: |
|
28) Alimentos funcionais saudables e novos alimentos Posibles aplicacións: - Deseño de alimentos e ingredientes funcionais para grupos de poboación específicos.
- Avaliación de efectos secundarios adversos da fortificación con ingredientes funcionais.
- Novas fontes de ingredientes funcionais.
Grupos de investigación relacionados |
26) Estudos epidemiolóxicos e de intervención en Galicia do efecto da dieta sobre a saúde Posibles aplicacións: - Avaliación do efecto da dieta sobre as principais patoloxías relacionadas con ela (infarto, diabetes...).
- Estudo sobre as enfermidades metabólicas máis incidentes en Galicia: posibilidades e consecuencias dunha diagnose precoz.
Grupos de investigación relacionados |
27) Definir as bases científicas da cultura gastronómica tradicional galega en particular a dieta atlántica e o consumo de peixe , e o seu potencial beneficio sobre a saúde |
29) Estudos de biodispoñibilidade de constituíntes de interese en alimentos, así coma do seu metabolismo Posibles aplicacións: - Neste caso coméntase como posibles temas de aplicación, a avaliación da dispoñibilidade de micronutrintes con potencial beneficio para a saúde e o estudo dos efectos adversos de constituíntes naturais dos alimentos e da súa inhibición.
Grupos de investigación relacionados |
|
|
|
|
<< Start < Prev 1 2 Next > End >>
|
|
Page 1 of 2 |