|
Con motivo da II reunión dos grupos de traballo a Ptgal organiza unha xornada sobre Xeración de Proxectos de I+D+i no sector Agroalimentario que se celebrará o vindeiro 16 de Xaneiro nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne Parque Tecnolóxico de Galiza. Rúa Galiza nº 4 (San Cibrao das Viñas- Ourense).
Na xornada desenvolveranse un conxunto de charlas centradas na estratexia de dinamización que a plataforma acometerá este ano así como nas vantaxes que aportará, ás empresas da Ptgal, o contar cun servizo de vixilancia tecnolóxica sistematizada. Contaremos coa presencia do D.X. De I+D+i D.Salustiano Mato que nos amosará as oportunidades que representa para as empresas do sector participar na Ptgal.
Ao remate da mesma (11:40) celebraranse as mesas da Segunda Reunión dos seguintes Grupos de Traballo da Ptgal:
Alimentos Funcionais Nutrición e Saúde dinamizado por Dna.Cristina López (Uvigo)
Novas Tecnoloxías de Procesado e Envasado dinamizado por D. Amado Caride (Anfaco-Cecopesca)
Novos Produtos e Valorización de Subprodutos e Residuos dinamizado por D. Miguel Anxo Murado (CSIC)
As reunións dos grupos transcurrirán en diferentes mesas simultaneamente, as empresas que participan en varios grupos de traballo poderán inscribir un representante para cada un dos grupo de traballo debendo remitir un boletín para cada mesa.
Aproveitamos tamén para comunicarlles a creación de dous novos grupos de traballo:
Produción agrogandeira sustentable e de calidade
Alimentos e TICs
dinamizados respectivamente por D. Ruben Leboreiro de Coa innovación e Dna. Elena López do recientemente creado Centro Tecnolóxico Lácteo. Se vostede desexa participar nestes grupos pode descargar o documento Empresas-grupos de traballo e facela chegar á secretaría técnica.
Recalcando a importancia que ten a participación empresarial nos grupos de traballo en particular e na Ptgal en xeral, esperamos contar coa súa presencia na xornada e na posterior reunión dos grupos de traballo.
Programa
Enviar boletín de inscrición
Descargar boletín
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
|