Relanzamento do Grupo de Alimentos e TIC's

Continuando coa tarefa de relanzamento dos grupos de traballo públicos da Ptgal, como obxectivo prioritario de esta anualidade, atópamonos nestes intres definindo a estratexia do grupo Alimentos e TIC's.

Para avanzar na definición de iniciativas conxuntas entre os sectores TIC e Agroalimentario contamos, en todo momento,coa experiencia e colaboración da Plataforma Tecnolóxica das TIC's VINDEIRA, o que nos permitiu  identificar como líder do grupo de traballo de Alimentos e Tic a investigadores dos centros da USC, denominados Instituto de Investigacións Tecnolóxicas  (IIT) e Centro de Investigación en tecnoloxías da información (CITIUS).

Ambos centros  contan con  prestixiosos grupos de investigación que traballan conxuntamente no desenvolvemento de áreas tecnolóxicas de carácter horizontal, como son as tecnoloxías da información e da comunicación. Os dóus centros desenvolven  investigación aplicada orientada a dar resposta a necesidades tecnolóxicas de diferentes sectores entre os que se atopa o agroalimentario. Nesta primeira etapa o liderado do grupo de traballo será responsabilidade Instituto de Investigacións Tecnolóxicas.

Co fin de facer partícipes a todas as empresas da Ptgal, na documentación que achegamos atoparedes un esquema da organización dos grupos, unha breve descrición do IIT e a proposta dunha batería de liñas de investigación, para retomar a actividade, sobre as que compre coñecer o voso interese.

Tanto se a vosa empresa se atopa integrada neste grupo como se non, se considerades que as liñas propostas poden ser proveitosas para desenvolver as vosas actividades de innovación, debedes achegar cumprimentado o documento “Valoración Liñas de Traballo Alimentos e TIC's" á secretaría técnica: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it antes do 29 de Febreiro de 2012. Agradecemos que indiquedes nos espazos correspondentes os seguintes datos:

* se xa estabades a participar no grupo,
* valoración das liñas de investigación nas que desexades involucrarvos,
* de ser o caso, áreas ou liñas que botades en falta

As liñas que saian identificadas como de máis interese determinarán, en grande medida, as posteriores actividades a desenvolver desde a plataforma: preparación de reunións, solicitude de informes de vixilancia, organización de xornadas técnicas, orientación a convocatorias...por iso, insistimos na importancia que, para o correcto funcionamento do grupo, teñen as vosas opinións e criterios.

G.T Alimentos e TIC's
Valoración Liñas de Traballo limentos e TIC's