Oportunidade de Contratación de Expertos no Ámbito da Internacionalización

 Comunicación realizada dende Área de Internacionalización "Galicia@World" do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

"Dentro do programa “Fellowship and associates program”, financiado polo IGAPE e coa colaboración de  Novacaixagalicia e a CEG, o Banco Interamericano de Desarrollo (BID) contratou a cinco xóvenes galegos como “Oficiais Profesionais Asociados” co obxectivo de:

  • formar de especialistas en mercados multilaterais e de prestación de servizos en actividades de axuda ao desenvolvemento
  • realizar tarefas de apoio técnico e operativo como pode ser a xestión de proxectos da carteira do Fondo Multilateral de Investimentos (FOMIN).

É de gran interese para a economía galega que esta iniciativa revirta, ademais de nos propios xóvenes, no tecido empresarial galego.

Estando próxima a finalización dos seus contratos, gustaríanos informar ás empresas galegas implicadas en procesos de internacionalización e licitacións internacionais, da existencia e dispoñibilidade deste grupo de profesionais altamente cualificados.

Adriana, David, Lorenzo, Patricia e Xoan son xóvenes galegos  que grazas a  este programa contan hoxe con unha excelente formación en temas de colaboración multilateral no ámbito do desenvolvemento, así como experiencia de primeira man nunha institución coma o Banco Interamericano de Desenvolvemento.

Incorporalos ó sistema produtivo de Galicia, estamos convencidos, redundará no beneficio de todos nós."

Ver C.V.