|
O Servizo de interpretación telefónica simultánea do IGAPE posibilita ás empresas galegas comunicarse co exterior sen a barreira dos idiomas.
O obxectivo e facilitar o contacto cos seus socios ou clientes extranxeiros seralle moi sinxelo: simplemente con marcar o número de teléfono que lle proporcionará o Igape, a empresa pode manter unha conversa co seu interlocutor, aínda que non falen o mesmo idioma; a asistencia dun intérprete faino posible.
Idiomas dispoñibles
As empresas galegas teñen a súa disposición interpretación telefónica, a máis de 34 idiomas. Este servizo está en funcionamento de luns a venres en horario de 09.00 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 horas.
O IGAPE apoia á empresa, outorgándolle o 100% do custo da interpretación ata un máximo de 1000 euros (aproximadamente 392 minutos) por cada empresa dada de alta, sempre que exista crédito orzamentario dispoñible, polo que a empresa galega unicamente paga o custo da chamada internacional (as tarifas das chamadas internacionais son os oficiais de Telefónica. Pode consultar os prezos das chamadas por países no tema relacionado Tarifas das chamadas).
Máis información e solicitude |