|
O Centro Demostrador TIC de Galicia, en colaboración coa Ptgal e Vindeira, acollerá o vindeiro 28 de Febreiro a Xornada Demostradora "Solucións Tecnolóxicas para a Industria Agroalimentaria".
O obxectivo da xornada, dirixida ao sector empresarial, é achegar ao sector solucións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do negocio así como la apertura a novos mercados. A metodoloxía utilizada desenvolvese a través de demostracións prácticas e a participación activa das empresas asistentes.
Estruturase en catro bloques orientados ao noso sector nas seguintes tecnoloxías:
- OpenERP
- i-Preventa
- Visión artificial para a clasificación de productos
- Agricultura Intelixente
OpenERP
Demostración dun sistema orientado ao sector agroalimentario, que combina as funcionalidades dun ERP e un CRM, que ademáis de integrar e automatizar a xestión das distintas áreas dunha organización, dispón dun módulo de control da trazabilidade específico para o sector.
i-Preventa
Demostración dun produto que permite unha potente e sinxela xestión de vendas e cobramentos por medio de dispositivos móbiles (smartphones, tabletas) automatizando o control sobre rutas dos distribuidores, datos dos clientes e puntos de venda, conectado a un ERP de empresa.
Visión artificial para a clasificación de productos
Demostración dunha solución enfocada á clasificación, automatización, trazabilidade e comercialización de produtos pesqueiros mediante visión artificial.
Agricultura Intelixente
Demostración dun sistema integral de información ambiental, control de regadíos en agricultura, optimización de recursos naturais, prevención de aparición de enfermidades, que utiliza información meteorolóxica recollida por unha rede de estacións combinada cunha rede sensorial.
Neste enlace podese ampliar a información da xornada.
A inscrición pode realizarse a través de http://cdtic.xunta.es/node/274. As prazas son limitadas (30)
Localización
.jpeg)

|