Eventos

 

Neste apartado poñemos á súa disposición unha selección de congresos, conferencias, charlas e outras actividades de divulgación e formación de interese para o sector agroalimentario galego.



I+Coopera Oportunidades de I+D no Sector Cooperativo

 O obxecto do proxecto I-coopera é realizar actividades de promoción do cooperativismo mediante o impulso da investigación, do desenvolvemento tecnolóxico e da innovación e dinamización de redes. 

O vindeiro 15 de Maio  celebrarase en Santiago a xornada de presentación sobre Boas Prácticas e Oportunidades de Innovación de I+D  nos sectores cooperativos.

 
Evento de Transferencia Tecnoloxías Medioambientais
Os próximos 12 e 13 de xuño terá lugar en Lille (Francia) un evento de transferencia de tecnoloxía e procura de socios no marco do congreso europeo "Eco-tecnoloxías para o futuro"  e da feira ENVIRONORD .
 
Evento de Transferencia Tecnoloxías Medioambientais e Biotecnoloxía

 Os próximos 19 ao 21 de xuño terá lugar en Frankfurt (Alemaña) un evento de transferencia de tecnoloxía e procura de socios sobre tecnoloxías químicas, protección ambiental e biotecnoloxía no marco de ACHEMA, feira líder a nivel mundial para a industria de procesos, que reúne a 4.000 expositores de 50 países e a 180.000 visitantes.

 
Evento de Transferencia Tecnoloxías Medioambientais, Reciclaxe e Xestión de Residuos

 O próximo 8 de xuño terá lugar en Istambul (Turquía) un evento de transferencia de tecnoloxía e procura de socios no marco da VIII Feira Internacional de tecnoloxías ambientais, reciclaxe e xestión de residuos (7 ao 10 de xuño).

 
Xornada ECOINNOV@

ECO-INNOV@ é un proxecto desenvolvido en Galicia, no Principado de Asturias e Cantabria, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, co obxectivo de promover a incorporación de procesos innovadores na xestión dos negocios, e amosar novas potencialidades do entorno natural que permiten a implantación dun sector empresarial emerxente denominado ECO-INDUSTRIA.

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Page 1 of 16