Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria

A Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria é o catalizador das interaccións existentes entre os diferentes segmentos da produción primaria, industrial, dos centros tecnolóxicos, etc. O seu obxectivo primordial e conseguir o mellor aproveitamento posible das sinerxias que se dan entre estes diferentes sectores.

A iniciativa da Ptgal está aberta á integración de todos os axentes implicados e comprometidos co desenvolvemento do sector e nela atópanse representados un amplo abano de entidades e empresas: dende o sector extractivo e de produción primaria ata as pequenas e grandes industrias alimentarias e de distribución, así como a comunidade científica e a Administración.

Na súa actividade diaria céntrase en impulsar a investigación dos Grupos de traballo que xa a integran, ademais de incentivar a creación de novos grupos que permitan que as iniciativas lanzadas dende a Plataforman teñan cada vez maior repercusión no sector agroalimentario. 

 

Novas

 
Presentación Asociación para a Promoción da Intelixencia Competitiva en Galicia

O próximo dia 23 de maio ás 18:00 hrs.( Edificio CERSIA , Pl. S. Lazaro S/N, Santiago de Compostela) faremos a presentación pública da Asociación para a Promoción da Intelixencia Competitiva en Galicia, ASPICGA, cuxo propósito é difundir, promocionar e dinamizar a IC como práctica de xestión imprescindible para aquelas Organizacións que aspiren a ser máis diversificadas, competitivas e innovadoras.

 
Taller Protección de Innovacións Mediante Propiedade Intelectual-Industrial

O CIS Galicia  xunto cos socios galegos do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network e a Oficina Española de Patentes y Marcas queren convidarvos ao “TALLER AVANZADO SOBRE PROTECCIÓN DE INNOVACIÓNS MEDIANTE PROPIEDADE INTELECTUAL-INDUSTRIAL" que terá lugar o 22 e 23 de maio de 2012 en Ferrol.
Trátase dun taller eminentemente práctico dirixido específicamente a aquelas entidades que teñan unha función de asesores e intermediarios de Pemes en asuntos relativos a innovación e a propiedade industrial e intelectual.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 29